Castelao e a Fonte da Ferraría
08/07/15 Categorías: Historia
A fonte data xa do século XVI e estivo situada nun lateral da actual praza da Ferraría ata que foi demolida en 1857. Durante máis de setenta anos as súas pezas estiveron dispersas, recuperándose grazas ao interese de Casto Sampedro e outros membros da Sociedad Arqueológica, que as conservou na súa sede das Ruínas de San Domingos. En 1928 decidiuse a recolocación do conxunto nos xardíns que hoxe levan precisamente o nome de Casto Sampedro.
Fonte:Museo de Pontevedra
Fonte:Museo de Pontevedra
